Este documento contén unha síntese dos métodos empregados para a galeguización de aplicativos de código aberto realizado a partir da observación dos proxectos máis significativos. O seu propósito primordial é o de fornecer unha visión global do proceso de galeguización que facilite a incorporación de novas persoas axudándolles a ubicarse naquela área de traballo que mellor se corresponda coas súas motivacións persoais e coñecementos previos.

Aínda que este método pode ser aplicábel tanto a proxectos de grande envergadura como a pequenos proxectos de tipo unipersoal, cómpre salientar que neste último caso a segmentación de perfiles (tradución, revisión, verificación e coordenación) podería non ser necesaria.

Diagrama de fluxo

Neste diagrama descríbese o fluxo de traballo empregado na galeguización de aplicativos de código aberto. Nel relaciónanse os distintos procesos, indicando ademais a interacción cos ficheiros (cadeas ou binarios) e os recursos comunitarios (de tipo lingüístico, como memorias de tradución ou catálogos de erros frecuentes). Para formalizar este diagrama emprégase o modelo waterfall.

Faga clic na imaxe para obter unha de maior resolución.

diagrama de fluxo

Especificación de procesos

En cada unha das seguintes táboas detállase en que consiste cada un dos procesos que conforman o método de galeguización descrito no diagrama de fluxo. Para cada un destes procésos indícase o seu nome e descrición, os requisitos necesarios para poder ser realizado, as accións das que se compón así como os perfís involucrados. Para formalizar esta especificación emprégase a técnica de CRC.

Chamamento de tradución

Elaboración e difusión dunha convocatoria para a participación na tradución dun aplicativo determinado.

Requisitos Accións Perfís
  • Recepción do anuncio de inicio dos traballos dunha nova versión
  • Comprobación de correspondencia coas prioridades establecidas
  • Plantilla de chamamento
  • Adaptar a plantilla de chamamento á versión correspondente (prazo e instrucións xerais)
  • Difusión do chamamento
  • Xestión de ofrecementos
  • Coordenación
Obtención de cadeas

Realización dos pasos necesarios para obter as cadeas que deberán ser traducidas, unha vez fornecidas as instrucións precisas.

Requisitos Accións Perfís
  • Chamamento de tradución
  • Instrucións de check-out
  • Check-out
  • Tradución
  • Revisión
  • Coordenación
Tradución de cadeas

Galeguización das cadeas orixinais do aplicativo apoiada no uso de ferramentas e recursos lingüísticos dentro do marco das convencións de estilo e terminoloxía acordadas.

Requisitos Accións Perfís
  • Cadeas sen traducir
  • Ferramentas de tradución seleccionadas
  • Acceso a recursos lingüísticos (glosarios, memorias de tradución e guías de estilo)
  • Coñecemento das convencións de tradución acordadas (estilo e terminoloxía)
  • Aplicación de memoria de tradución
  • Verificación de solucións procedentes da memoria de tradución
  • Consulta de glosarios
  • Selección de termos en base aos convenios establecidos
  • Tradución
Validación de cadeas

Aplicación dos mecanismos de validación formal comúns a tódolos idiomas.

Requisitos Accións Perfís
  • Cadeas traducidas
  • Coñecemento do mecanismo de validación
  • Aplicación do mecanismo de validación sobre as cadeas traducidas
  • Resolución de problemas detectados
  • Envío para revisión lingüística
  • Tradución
  • Revisión
Revisión lingüística e corrección de erros

Detección, corrección e recopilación de erros detectados. O erros máis frecuentes serán incorporados a unha base de datos co propósito de servir como referencia por unha banda para os propios tradutores, pero tamén para alimentar sistemas semiautomáticos de revisión lingüistica que permitan nun futuro reducir a carga de traballo dos revisores.

Requisitos Accións Perfís
  • Cadeas traducidas e validadas
  • Coñecemento profundo e acreditado das convencións de estilo e terminoloxía
  • Detección e corrección de erros
  • Recopilación de erros frecuentes
  • Envío da recopilación de erros
  • Validación de cadeas
  • Revisión
Comprobación de integridade

Integración das cadeas revisadas na copia do repositorio oficial que permita realizar as oportunas comprobacións como paso previo á remisión da tradución.

Requisitos Accións Perfís
  • Copia actualizada do repositorio oficial
  • Cadeas revisadas
  • Información actualizada sobre o estado dos repositorios
  • Integración das cadeas revisadas na copia do repositorio oficial
  • Validación de cadeas
  • Coordenación
Remisión a repositorio oficial

Envío da tradución para a súa incorporación no repositorio oficial.

Requisitos Accións Perfís
  • Copia do repositorio oficial coa tradución integrada
  • Actualización do repositorio oficial
  • Identificación e seguemento da actualización (changeset/issue)
  • Comprobación da integridade do repositorio
  • Notificación de actualización
  • Coordenación
Chamamento á verificación

Elaboración e difusión dunha convocatoria para a participación na verificación da versión preliminar do aplicativo. Esta verificación opera en dous niveis: un nivel interno no seo do proxecto e común a tódolos idiomas (l10n) e un nivel externo aberto á participación de calquera potencial usuario do aplicativo (g11n).

Requisitos Accións Perfís
  • Binarios compilados
  • Plantilla de chamamento
  • Adaptar a plantilla de chamamento á versión correspondente (prazo e instrucións xerais)
  • Difusión do chamamento
  • Xestión de ofrecementos
  • Coordenación
Verificación (l10n)

Aplicación de baterías de probas predefinidas para todos os idiomas que deben facerse de forma sistematizada no seo interno do proxecto.

Requisitos Accións Perfís
  • Definición de batería de verificación
  • Coñecemento das convencións de verificación
  • Execución de baterías de verificación
  • Elaboración de informe de calidade
  • Informe no sistema de seguemento de erros
  • Verificación (interna)
Verificación (g11n)

Proba e informe de erros detectados por parte das persoas que subscriban o chamamento público.

Requisitos Accións Perfís
  • Chamamento á verificación
  • Instalación de binarios
  • Execución de aplicativos
  • Detección e informe de erros
  • Verificación (externa)
Concorrencia á versión

Notificación ao proxecto matriz de que se concorrerá a unha versión determinada, pechando por tanto o proceso de tradución.

Requisitos Accións Perfís
  • Binarios verificados
  • Erros resoltos
  • Formalización do opt-in
  • Notificación de opt-in
  • Coordenación
Anuncio do produto final

Comunicación pública da dispoñibilidade da nova versión do aplicativo en galego.

Requisitos Accións Perfís
  • Recepción do anuncio dunha nova versión
  • Modelo de documento para o anuncio
  • Adaptar o modelo de anuncio á versión correspondente (enderezo de descarga, recoñecementos e novidades)
  • Difusión do chamamento
  • Coordenación
Seguemento

Observación e participación nas roldas globais do proxecto.

Requisitos Accións Perfís
  • Coñecemento da cultura participativa e deliberativa do proxecto global.
  • Recoñecemento do perfil de coordenación no proxecto global.
  • Observación do fluxo comunicativo do proxecto global
  • Participación nos fíos que afecten ao proxecto de galeguización
  • Comunicación aos membros do equipo de galeguización
  • Coordenación

Versión 0.4 (changelog)